Miguel Tellado: “O compromiso da Xunta de Galicia con Ferrolterra reflíctese en 38M€ nos orzamentos para o 2018”

PP

O secretario xeral do PPdeG e deputado no Parlamento de Galicia, Miguel Tellado, destacou hoxe o importante investimento de 38M€ que o Proxecto de Lei de Orzamentos para o 2018 da Xunta de Galicia adicará a Ferrol e á súa comarca de Ferrolterra, esta última recibirá perto de 8M€.

 

“Estes orzamentos demostran de novo o compromiso da Xunta de Galicia con Ferrol a súa comarca, con importantes investimentos para as infraestruturas como a VAP da Costa Norte e a variante AC-862 en As Pontes, o saneamento en Cabanas, Pontedeume, Cedeira e Ortigueira, ademáis dunha partida de máis de 953.000€ para a construción do centro de saúde de Narón”. Estas contas incidirán directamente na calidade de vida dos veciños de Ferrolterra, con novas e mellores infraestruturas e novos e mellores servizos, apuntou o secretario xeral dos populares galegos.

 

 

 

Máis investimentos

Miguel Tellado detallou como se van distribuir os perto de 8M€ que os orzamentos da Xunta de Galicia destinarán a Ferrolterra durante o próximo exercicio. É destacable o investimento en infraestruturas con case 4M€ para a VAP Costa Norte, desta contía 1,6M€ será para o tramo correspondente a esta comarca, concretamente polos concellos de San Sadurniño, Cerdido e Moeche. Hai que engadir 850.000€ para medidas ambientais na AG-64 en As Pontes e 500.000€ para a variante da AC-862 en As Pontes. O investimento en infraestruturas suma, así, máis 3M€.

 

Os orzamentos seguen a liña de mellorar o estado das nosas rías- insistiu o deputado- polo que recollen partidas para o saneamento en Cabanas e Pontedeume (625.000€), en Cedeira (733.000€) e en Baleo (Ortigueira) (341.000€).

 

No eido de mellorar a calidade de vida dos veciños atópase o importante investimento de 953.000€ para a construcción do novo centro de saúde en Narón e máis de 543.000€ para completar o novo centro de saúde de Ares. Os orzamentos recollen, ademáis, partidas para mellorar diferentes centros educativos da comarca como 605.000€ para a rehabilitación da escola infantil de Pontedeume; 375.000€ para a ampliación do CEIP de Cabanas e 150.000€ para reformas no CEIP de Ortigueira.

 

Continuando na liña de aposta polos mercados tradicionais, os orzamentos reflicten unha partida de 324.000€ para seguir coa mellora da praza de abastos de Pontedeume, e revitalizar e dinamizar este espazo apostando polo comercio de proximidade.

 

O investimento complétase cos 30M€ adicados a Ferrol, nos que destaca o esforzo inversor da consellería de Política Social, ao frente da que se atopa José Manuel Rey Varela, con case 13€. Así como, as partidas de 2,3M€ para o plan director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, 1,5M€ para o saneamento de A Malata e máis de 1,2M€ que o Instituto Galego de Vivienda e Solo adicará á reparación de vivendas e ao programa “Rexurde”.

 

 

 

“Este é compromiso da Xunta con Ferrol e a su comarca, reflictido en partidas concretas e reais, unhas contas adaptadas á situación económica actual que buscan mellorar a calidade de vida dos veciños de Ferrolterra”, afirmou o secretario xeral dos populares galegos, quen  insistiu en que isto é posible grazas á estabilidade institucional que lle permiten a Galicia presentar estos orzamentos que seguen a receita do éxito económico: menos impostos e menos débeda e máis gasto social e investimento.

Deja un comentario

Logotipo PP Ferrol
Resumen de privacidad

En Partido Popular de Ferrol damos mucha importancia a tu información, por ello necesitamos tu conformidad para cumplir con el Reglamento General de Protección de Datos y la Ley Orgánica de Protección de Datos.

Para ello te facilitamos la siguiente información relativa a tus datos personales:

  • ¿Quién es el responsable del tratamiento de tus datos personales?
  • Partido Popular de Ferrol
  • C/ Magdalena 35-37, Entresuelo. Cp.1540,2 Ferrol (A Coruña)

¿Con qué finalidad y legitimación tratamos tus datos personales?

  • Por interés legítimo del responsable (art. 6.1.f GDPR): o mantener una relación comercial; o enviarte comunicaciones comerciales solicitadas por ti o por tener una relación con nuestra relación anterior; o participar en los análisis estadísticos (utilizando tus datos para elaborar perfiles individualizados mediante procedimientos estadísticos), para que el partido adecúe su oferta y sus comunicaciones a las necesidades del mercado;.
  • Por consentimiento explícito tuyo (art. 6.1.a GDPR): o enviarte comunicaciones comerciales e información sobre actividades, productos y servicios, tanto personalizados como generales;
    o enviarte información de productos, servicios y actividades personalizadas , así como información con tendencias del sector.

¿Durante cuánto tiempo conservaremos tus datos?

  • Conservaremos tus datos durante no más tiempo del necesario para mantener el fin del tratamiento o mientras existan prescripciones legales que dictaminen su custodia. ¿A qué destinatarios tenemos previsto comunicar tus datos?
  • No comunicaremos tus datos a terceros, salvo por obligación legal. ¿Qué derechos tienes sobre el tratamiento que realizamos con tus datos?
  • Puedes retirar este consentimiento en cualquier momento.
  • Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, portabilidad y supresión de tus datos y los de limitación u oposición a su tratamiento.
  • Puedes presentar una reclamación ante la Autoridad de control (www.aepd.es) si consideras que el tratamiento no se ajusta a la normativa vigente. ¿Qué implica no consentir el tratamiento de tus datos?
  • Pues que no recibirás más comunicaciones por nuestra parte, tanto las relativas a la información de nuestros productos, como avisos de alertas de seguridad, artículos de interés y tendencias del sector. Así de sencillo.

Más información en nuestra política de privacidad