José Manuel Rey demanda a unión de esforzos para declarar Ferrol como Cidade Patrimonio da Humanidade

O deputado do Grupo Popular, José Manuel Rey, demandou hoxe no Parlamento “unión de esforzos para conseguir a declaración de Ferrol como Cidade Patrimonio da Humanidade” e en concreto pediu ao Concello que “axilice a elaboración do expediente, aportando a documentación demandada pola Xunta de Galicia referida ao plan de xestión e garantindo os consensos entre todas as partes implicadas: concellos limítrofes, Xunta e Ministerio de Defensa”.

 

José Manuel Rey preguntou hoxe no Pleno do Parlamento ao conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, sobre o estado de tramitación deste expediente. “Quedou claro que o Concello é quen debe levar a iniciativa neste proxecto, para o que conta con todo o apoio e colaboración por parte da Xunta, que xa conseguiu o pasado ano a permanencia de Ferrol na lista indicativa ante o proceso de depuración que estaba realizando o Ministerio de Cultura”, sinalou.

CORRIXIR DEFICIENCIAS

Na súa intervención, o conselleiro de Cultura informou que o pasado mes de xaneiro o Concello de Ferrol remitiu un novo borrador de proxecto, que os técnicos da Xunta están a analizar e sobre o que xa mantiveron conversacións con representantes municipais para corrixir deficiencias e adecuar o enfoque da candidatura.

“En concreto, o Concello de Ferrol deberá reforzar o plan de xestión, no que se recolle a estratexia de conservación e difusión dos valores singulares do ben, e garantir os consensos entre todas as partes implicadas no proxecto”, dixo o deputado popular. Neste sentido, criticou que, segundo informou o conselleiro, “o Concello non realizara ata o de agora ningún tipo de comunicación nin proposta de encontro con moitas destas partes, especialmente co Ministerio de Defensa”.

José Manuel Rey subliñou que “Ferrol merece este recoñecemento mundial e para conseguilo debemos estar todos unidos e colaborar para facelo posible”. Por este motivo, demandou á Consellería de Cultura “que preste toda a colaboración co Concello, porque non podemos perder máis tempo, xa que sabemos que pasan tres anos entre a presentación da candidatura e a obtención do recoñecemento”.

“A parálise municipal na tramitación desta candidatura ao non presentar o expediente completo ante a Xunta e o Estado supuxo que perdéramos a ocasión de que España presentara a nosa proposta este ano ante o Centro de Patrimonio Mundial, pero máis grave é que tampouco se poida incorporar en 2019 e 2020 porque España xa ten aprobadas as candidaturas para eses anos”, lamentou.

Deja un comentario

Logotipo PP Ferrol
Resumen de privacidad

En Partido Popular de Ferrol damos mucha importancia a tu información, por ello necesitamos tu conformidad para cumplir con el Reglamento General de Protección de Datos y la Ley Orgánica de Protección de Datos.

Para ello te facilitamos la siguiente información relativa a tus datos personales:

  • ¿Quién es el responsable del tratamiento de tus datos personales?
  • Partido Popular de Ferrol
  • C/ Magdalena 35-37, Entresuelo. Cp.1540,2 Ferrol (A Coruña)

¿Con qué finalidad y legitimación tratamos tus datos personales?

  • Por interés legítimo del responsable (art. 6.1.f GDPR): o mantener una relación comercial; o enviarte comunicaciones comerciales solicitadas por ti o por tener una relación con nuestra relación anterior; o participar en los análisis estadísticos (utilizando tus datos para elaborar perfiles individualizados mediante procedimientos estadísticos), para que el partido adecúe su oferta y sus comunicaciones a las necesidades del mercado;.
  • Por consentimiento explícito tuyo (art. 6.1.a GDPR): o enviarte comunicaciones comerciales e información sobre actividades, productos y servicios, tanto personalizados como generales;
    o enviarte información de productos, servicios y actividades personalizadas , así como información con tendencias del sector.

¿Durante cuánto tiempo conservaremos tus datos?

  • Conservaremos tus datos durante no más tiempo del necesario para mantener el fin del tratamiento o mientras existan prescripciones legales que dictaminen su custodia. ¿A qué destinatarios tenemos previsto comunicar tus datos?
  • No comunicaremos tus datos a terceros, salvo por obligación legal. ¿Qué derechos tienes sobre el tratamiento que realizamos con tus datos?
  • Puedes retirar este consentimiento en cualquier momento.
  • Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, portabilidad y supresión de tus datos y los de limitación u oposición a su tratamiento.
  • Puedes presentar una reclamación ante la Autoridad de control (www.aepd.es) si consideras que el tratamiento no se ajusta a la normativa vigente. ¿Qué implica no consentir el tratamiento de tus datos?
  • Pues que no recibirás más comunicaciones por nuestra parte, tanto las relativas a la información de nuestros productos, como avisos de alertas de seguridad, artículos de interés y tendencias del sector. Así de sencillo.

Más información en nuestra política de privacidad