Ferrol, 18 de novembro do 2026. O candidato número 1 ao Senado pola provincia da Coruña, José Manuel Rey Varela, presentou hoxe as propostas de Alberto Núñez Feijoo en materia de educación. “Queremos unha xuventude preparada, que non teña que marchar, que España sexa un país no que os mozos deciden formarse, traballar e crear a súa familia”, sinalou.
Por iso, dende o Partido Popular Alberto Núñez Feijoo detalla toda unha serie de medidas para mellorar o sistema educativo tras o informe PISA do 2025 que sinala un descenso de España nas tres competencias principais: lectura, caída de 23 puntos; matemáticas, caída de 16 puntos e ciencias, caída de 8 puntos. Según Feijóo, estes resultados reflicten un problema estructural sistema educativo e xustifican unha reforma da actual LOMLOE.
Así entre as principais medidas que levará a cabo o próximo Goberno de España está a substitución da LOMLOE por un novo marco educativo e o reforzo das comeptencias básicas, estas últimas- como xa detallou o Goberno da Xunta de Galicia o pasado mes de setembro- co obxectivo de mellorar os resultados académicos do alumnado de Primaria e Secundaria.
A FP SERÁ UNHA PRIMEIRA OPCIÓN
O candidato ao Senado destacou a importancia que está a cobrar, sobre todo na nosa cidade, a Formación Profesional. “En Ferrol precisamos profesionais nos ámbitos do naval e da automoción, da calderería, tubaxe e estas formacións que se imparten nos centros de FP están a rexistrar un importante incremento de alumnado”, asegurou.
Por iso, avanzou que a proposta de Alberto Núñez Feijóo será ampliar coas Comunidades Autónomas as prazas de FP nos ciclos que máis emprego xeran, guiados por un Mapa Nacional da FP, tamén nos oficios que hoxe faltan, como os da construción.
A FP dual, coa que xa conta Ferrol dende hai anos, chegará a todo o tecido empresarial, con independencia do tamaño de cada empresa, converténdose nunha ferramenta esencial para favorecer a inclusión do alumnado no mercado laboral ao combinar a formación coas prácticas.
En canto ás becas, Rey Varela avanzou que “ a bolsa será un dereito por lei para quen a necesite e aprobe, cos mesmos limiares na universidade que na FP”, permitindo así que calquer alumno poida acceder á formación desexada.
Ademais, quen elixa un ciclo de FP de alta demanda de emprego non pagará matrícula, os mellores expedientes terán unha bolsa de excelencia e os mozos con máis talento terán facilidades para estudar na universidade que desexen.
Entre a batería de propostas, está tamén o protocolo nacional contra o acoso escolar que obrigue a detectalo a tempo, tamén na rede, e a responder á vez o centro, a sanidade e os servizos sociais. Rey Varela avanza que “quen acose a outro compañeiro ou compañeira terá unha sanción con contido educativo e reparador, e a vítima non terá que cambiar de centro por ser acosada”.
GRATUIDADE DAS ESCOLAS INFANTÍS
Seguindo a liña da gratuidade que Galicia ten nas escolas infantís, Alberto Núñez Feijóo acordará coas Comunidades Autónomas que o Estado financie a metade do custo de cada praza de cero a tres anos, pública ou concertada, e as Comunidades, la outra metade. Ao terminar a lexislatura, a etapa será gratuíta para todas as familias que la soliciten
Na atención á infancia, Galicia alcanza unha taxa de escolarización de 0 a 3 anos do 64%, 14 puntos por riba da media española, e ofrece máis de 32.000 prazas gratuítas.
Estas medidas recollen as principais propostas de Alberto Núñez Feijóo en materia educativa, orientadas a reforzar as competencias básicas do alumnado, garantir a igualdade de oportunidades no acceso á formación e mellorar a conexión entre o sistema educativo e o mercado laboral, co obxectivo de favorecer a retención do talento no noso país. “Trátase de impulsar os cambios necesarios para mellorar os resultados educativos de España e conseguir que máis estudantes acaden niveis elevados de competencia”, afirmou Rey Varela, que concluíu facendo un chamamento a “votar polo cambio, votar por Alberto Núñez Feijóo”.




