Rey Varela: “Feijóo apostará por unha política de defensa con investimentos estables que redundarán en Ferrol”

Comité executivo PP

Ferrol, 16 de novembro do 2026. O presidente do Partido Popular de Ferrol e candidato número 1 o Senado pola provincia da Coruña, José Manuel Rey Varela, presidiu esta tarde o Comité Executivo Local no que defendeu que “España necesita un cambio, e Feijóo representa ese cambio”. Durante a reunión, o popular fixo, ademais, un chamamento á mobilización masiva da cidadanía para poñer fin á corrupción e á falta de xestión do Goberno de Pedro Sánchez.

Rey Varela lamentou os oito anos de agravios do Goberno de Sánchez con Ferrol, que non deixaron de recortar investimentos na urbe. “Somos unha cidade castigada pola falta de colaboración, investimento e apoio institucional”, asegurou. Unha situación que contou coa complicidade do BNG, que actuou como socio e colaborador do Executivo central durante estes anos, vendendo Galicia e Ferrol a cambio de nada.

Fronte a esta situación, e coincidindo coa conmemoración do terceiro centenario da creación do Departamento Marítimo do Norte, un fito que marcou o nacemento do Ferrol moderno como cidade naval e militar, Rey Varela reivindicou a importancia de reforzar o papel estratéxico da cidade e defendeu que a política de defensa debe ser “unha verdadeira política de Estado”. Así avanzou que o próximo Goberno de Alberto Núñez Feijóo apostará por un investimento plurianual que permita cumprir os compromisos internacionais e dotar de estabilidade os investimentos necesarios para o sector.

FRAGATAS F110

Neste senso, Rey Varela destacou a importancia de contar con orzamentos cada ano para poder levar a cabo os investimentos necesarios, entre eles, os destinados á construción de fragatas e á modernización do estaleiro. “Foi o Goberno do PP o que nos Orzamentos Xerais do Estado de 2018 rexistrou unha partida de 250 millóns de euros para a construción das fragatas F110”, recordou, e “Sánchez tardou un ano en firmar a orde de execución destas fragatas e foi cos orzamentos prorrogados do Partido Popular”.

Neste momento, están en fase de produción as dúas seguintes fragatas da serie a F113 e a F114 e está previsto que a F111 inicie as probas de mar o próximo ano. “Nacimos para facer barcos e seguímolo amosando, somos un referente a nivel mundial”, apuntou o candidato ao Senado.

MÁIS RECOÑECEMENTO DAS FORZAS ARMADAS

Pero o compromiso coa defensa vai máis alá dos investimentos en infraestruturas e equipamento militar. Rey Varela destacou tamén a importancia de situar as persoas no centro da política de defensa, con medidas dirixidas a mellorar as condicións profesionais, laborais e retributivas dos homes e mulleres que integran as Forzas Armadas, recollidas no programa de Alberto Núñez Feijóo.

Entre as principais propostas destaca o recoñecemento dos membros das Forzas Armadas como profesionais dunha actividade de risco, “daremos cumprimento a unha reivindicación histórica do colectivo que busca recoñecer as especiais condicións de perigosidade, penosidade e dispoñibilidade que caracterizan o servizo militar”, avanzou Rey Varela.

O próximo goberno do España revisará, tamén, a normativa en materia de persoal para construír unha carreira militar para oficiais, suboficiais e tropa e mariñeiría baseada no mérito e a capacidade.

Así mesmo,  melloraranse as retribucións do persoal e incrementaranse os efectivos e apostarase por unha formación máis completa e especializada, que permita atraer e reter talento, favorecer a promoción profesional baseada no mérito e mellorar as condicións de vida laboral e a conciliación familiar.

“Se gaña Feijóo, gaña España, gaña Galicia e gaña Ferrol”, subliñou, o candidato ao Senado pola provincia da Coruña apelando á importancia de unir esforzos para impulsar unha nova etapa política e reforzar o papel estratéxico de Galicia e de Ferrol na defensa, na industria naval e no futuro das Forzas Armadas.

Logotipo PP Ferrol
Resumen de privacidad

En Partido Popular de Ferrol damos mucha importancia a tu información, por ello necesitamos tu conformidad para cumplir con el Reglamento General de Protección de Datos y la Ley Orgánica de Protección de Datos.

Para ello te facilitamos la siguiente información relativa a tus datos personales:

  • ¿Quién es el responsable del tratamiento de tus datos personales?
  • Partido Popular de Ferrol
  • C/ Magdalena 35-37, Entresuelo. Cp.1540,2 Ferrol (A Coruña)

¿Con qué finalidad y legitimación tratamos tus datos personales?

  • Por interés legítimo del responsable (art. 6.1.f GDPR): o mantener una relación comercial; o enviarte comunicaciones comerciales solicitadas por ti o por tener una relación con nuestra relación anterior; o participar en los análisis estadísticos (utilizando tus datos para elaborar perfiles individualizados mediante procedimientos estadísticos), para que el partido adecúe su oferta y sus comunicaciones a las necesidades del mercado;.
  • Por consentimiento explícito tuyo (art. 6.1.a GDPR): o enviarte comunicaciones comerciales e información sobre actividades, productos y servicios, tanto personalizados como generales;
    o enviarte información de productos, servicios y actividades personalizadas , así como información con tendencias del sector.

¿Durante cuánto tiempo conservaremos tus datos?

  • Conservaremos tus datos durante no más tiempo del necesario para mantener el fin del tratamiento o mientras existan prescripciones legales que dictaminen su custodia. ¿A qué destinatarios tenemos previsto comunicar tus datos?
  • No comunicaremos tus datos a terceros, salvo por obligación legal. ¿Qué derechos tienes sobre el tratamiento que realizamos con tus datos?
  • Puedes retirar este consentimiento en cualquier momento.
  • Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, portabilidad y supresión de tus datos y los de limitación u oposición a su tratamiento.
  • Puedes presentar una reclamación ante la Autoridad de control (www.aepd.es) si consideras que el tratamiento no se ajusta a la normativa vigente. ¿Qué implica no consentir el tratamiento de tus datos?
  • Pues que no recibirás más comunicaciones por nuestra parte, tanto las relativas a la información de nuestros productos, como avisos de alertas de seguridad, artículos de interés y tendencias del sector. Así de sencillo.

Más información en nuestra política de privacidad