Rey Varela aborda a mellora da atención sanitaria coa construción dun novo centro de saúde en San Xoán e a reforma integral do complexo hospitalario Arquitecto Marcide

Ferrol, 16 de setembro de 2016.- O candidato ferrolán do Partido Popular de Galicia (PPdeG), Jose Manuel Rey Varela, sinalou hoxe que o proxecto que lidera Alberto Núñez Feijóo é o único que pode demostrar con feitos o seu compromiso co mantemento e mellora dos servizos públicos esenciais como a sanidade, a educación e as políticas sociais; aos que a Xunta de Galicia destina actualmente 8 de cada 10 euros dos seus presupostos. Así o dixo nun encontro con veciños e veciñas de San Xoán no que expuxo, ademais, a proposta da formación de mellorar os equipamentos dotacionais deste barrio coa construción dun novo centro de saúde.

 

Rey Varela explicou que en 2009 cando Feijóo asumiu a Presidencia da Xunta en Galicia gastábanse 3,4 euros de cada 10 en sanidade, fronte aos 4 de cada 10 que se invisten hoxe. “Mentres que uns dedicaban o seu tempo en dicirnos que nada vale e que todo estaba mal, Feijóo e o seu equipo foi quen de blindar a nosa sanidade, nun momento de crise en que os recursos públicos caeron entorno dos 2.000 millóns de euros”. Neste sentido, engadiu que “o goberno de Feijóo deu prioridade á sanidade nun momento de dificultades económicas; e na vindeira lexislatura o que toca e continuar mellorando a súa calidade e as súas instalacións para garantir a mellor atención posible ás persoas”.

 

Unhas melloras no sistema sanitario das que se beneficiará Ferrol e a súa comarca, pois ademais de atender a unha vella demanda e a unha necesidade do barrio de San Xoán coa construción dun novo centro de saúde, acometerase a reforma integral do Arquitecto Marcide. Ao respecto, o candidato ferrolán lembrou que nestes momentos está en licitación o Plan director do complexo hospitalario e universitario da cidade (CHUF); e que o vindeiro mes se coñecerán as empresas que o desenvolverán. “Cando se fala de sanidade pública non basta con palabrería, o que vale son feitos e o Plan director do CHUF é hoxe unha realidade que este mesmo ano poderá comezar a executarse”.

 

MÁIS CAMAS, MÁIS QUIRÓFANOS E MELLORES URXENCIAS

 

Máis polo miúdo, Rey Varela detallou que o Plan director do Marcide dotará a Ferrol e a súa comarca de máis camas hospitalarias, máis quirófanos, mellores servizos de urxencias e consulta; así como mellores habitacións para os pacientes hospitalizados. “Porá ao hospital ferrolán, que presta servizo aos preto de 200.000 residentes desta zona, ao mesmo nivel que o que teñen outras grandes cidades de Galicia como Lugo, Vigo ou Ourense”, indicou.

 

Por último, o candidato ferrolán pediu unha confianza maioritaria ao proxecto que encabeza Alberto Núñez Feijóo das persoas que “cren en Ferrol e en Galicia; e das que queren que o seu voto serva para decidir, de maneira directa e sen negociacións postelectorais, quen será o próximo presidente da Xunta”.

Deja un comentario

Logotipo PP Ferrol
Resumen de privacidad

En Partido Popular de Ferrol damos mucha importancia a tu información, por ello necesitamos tu conformidad para cumplir con el Reglamento General de Protección de Datos y la Ley Orgánica de Protección de Datos.

Para ello te facilitamos la siguiente información relativa a tus datos personales:

  • ¿Quién es el responsable del tratamiento de tus datos personales?
  • Partido Popular de Ferrol
  • C/ Magdalena 35-37, Entresuelo. Cp.1540,2 Ferrol (A Coruña)

¿Con qué finalidad y legitimación tratamos tus datos personales?

  • Por interés legítimo del responsable (art. 6.1.f GDPR): o mantener una relación comercial; o enviarte comunicaciones comerciales solicitadas por ti o por tener una relación con nuestra relación anterior; o participar en los análisis estadísticos (utilizando tus datos para elaborar perfiles individualizados mediante procedimientos estadísticos), para que el partido adecúe su oferta y sus comunicaciones a las necesidades del mercado;.
  • Por consentimiento explícito tuyo (art. 6.1.a GDPR): o enviarte comunicaciones comerciales e información sobre actividades, productos y servicios, tanto personalizados como generales;
    o enviarte información de productos, servicios y actividades personalizadas , así como información con tendencias del sector.

¿Durante cuánto tiempo conservaremos tus datos?

  • Conservaremos tus datos durante no más tiempo del necesario para mantener el fin del tratamiento o mientras existan prescripciones legales que dictaminen su custodia. ¿A qué destinatarios tenemos previsto comunicar tus datos?
  • No comunicaremos tus datos a terceros, salvo por obligación legal. ¿Qué derechos tienes sobre el tratamiento que realizamos con tus datos?
  • Puedes retirar este consentimiento en cualquier momento.
  • Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, portabilidad y supresión de tus datos y los de limitación u oposición a su tratamiento.
  • Puedes presentar una reclamación ante la Autoridad de control (www.aepd.es) si consideras que el tratamiento no se ajusta a la normativa vigente. ¿Qué implica no consentir el tratamiento de tus datos?
  • Pues que no recibirás más comunicaciones por nuestra parte, tanto las relativas a la información de nuestros productos, como avisos de alertas de seguridad, artículos de interés y tendencias del sector. Así de sencillo.

Más información en nuestra política de privacidad