O PPdeG sitúa as políticas sociais de Galicia en materia de coidado dos maiores e conciliación como referencia para toda España

José Manuel Rey Varela

30 de novembro de 2024. O PPdeG reivindicou hoxe as políticas sociais que durante os últimos años se veñen implementando en Galicia en materia de coidado dos maiores e conciliación por consideralas unha referencia para toda España e un exemplo de como os gobernos populares se ocupan e preocupan dos problemas reais das persoas.

No marco da XXVII Intermunicipal do Partido Popular en Valladolid, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, aproveitou esta mañá a súa participación na mesa redonda Os concellos, rede de seguridade, cohesión e igualdade territorial para subliñar a diferenza entre “os gobernos que resolven os problemas da xente e aqueles que só atenden os seus propios problemas”.

Centrándose nas persoas maiores, quixo destacar que “este país construíuse grazas ao seu esforzo e grazas ás oportunidades que lle deixaron ás sucesivas xeracións” e puxo o foco no reto que supoñen tanto o aumento da esperanza de vida como a soidade non desexada.

“Vivimos cada vez máis anos e iso implica que debemos traballar por garantir que eses anos poidamos vivilos cada vez mellor”, explicou ao tempo que aseguraba que o incremento da esperanza de vida “non é un problema, senón unha oportunidade e unha historia de éxito”.

Sobre a soidade non desexada, explicou que o 4% da poboación española vive soa e que esta porcentaxe aumenta no caso das persoas maiores de 80 anos ata superar o 40%. Algo que, na súa opinión, obriga ás administracións a “poñer en marcha políticas que integren a estas persoas a través dunha rede de servizos”.

Recordando a súa experiencia como responsable de Política Social no Goberno galego, o agora alcalde de Ferrol asegurou que “en Galicia aprendemos que as persoas maiores son unha oportunidade e actuamos en consecuencia” e puxo como exemplo o feito de que Galicia foi a primeira comunidade autónoma en aprobar unha lei de impulso demográfico.

Neste sentido, explicou que “ademais dun magnífico xestor, Alberto Núñez Feijóo é unha persoa moi preocupada polos maiores” e rememorou un episodio de altas temperaturas vivido hai anos en Galicia e como actuou o por entón presidente da Xunta, coa celeridade e a eficacia que demandaba a situación. Algo que, na súa opinión, exemplifica a importancia de contar á fronte dos gobernos con “xente sensible, con corazón e que realmente atenda os problemas da xente”.

“Non basta con falar dos problemas. Hai que implementar políticas para que as palabras se convertan en feitos e en beneficios para as persoas”, concluíu destacando como baixo a presidencia de Alfonso Rueda as políticas de maiores están sendo incrementadas e como a Comunidade foi quen de dar exemplo a nivel estatal en materia de conciliación con medidas como a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos.

Logotipo PP Ferrol
Resumen de privacidad

En Partido Popular de Ferrol damos mucha importancia a tu información, por ello necesitamos tu conformidad para cumplir con el Reglamento General de Protección de Datos y la Ley Orgánica de Protección de Datos.

Para ello te facilitamos la siguiente información relativa a tus datos personales:

  • ¿Quién es el responsable del tratamiento de tus datos personales?
  • Partido Popular de Ferrol
  • C/ Magdalena 35-37, Entresuelo. Cp.1540,2 Ferrol (A Coruña)

¿Con qué finalidad y legitimación tratamos tus datos personales?

  • Por interés legítimo del responsable (art. 6.1.f GDPR): o mantener una relación comercial; o enviarte comunicaciones comerciales solicitadas por ti o por tener una relación con nuestra relación anterior; o participar en los análisis estadísticos (utilizando tus datos para elaborar perfiles individualizados mediante procedimientos estadísticos), para que el partido adecúe su oferta y sus comunicaciones a las necesidades del mercado;.
  • Por consentimiento explícito tuyo (art. 6.1.a GDPR): o enviarte comunicaciones comerciales e información sobre actividades, productos y servicios, tanto personalizados como generales;
    o enviarte información de productos, servicios y actividades personalizadas , así como información con tendencias del sector.

¿Durante cuánto tiempo conservaremos tus datos?

  • Conservaremos tus datos durante no más tiempo del necesario para mantener el fin del tratamiento o mientras existan prescripciones legales que dictaminen su custodia. ¿A qué destinatarios tenemos previsto comunicar tus datos?
  • No comunicaremos tus datos a terceros, salvo por obligación legal. ¿Qué derechos tienes sobre el tratamiento que realizamos con tus datos?
  • Puedes retirar este consentimiento en cualquier momento.
  • Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, portabilidad y supresión de tus datos y los de limitación u oposición a su tratamiento.
  • Puedes presentar una reclamación ante la Autoridad de control (www.aepd.es) si consideras que el tratamiento no se ajusta a la normativa vigente. ¿Qué implica no consentir el tratamiento de tus datos?
  • Pues que no recibirás más comunicaciones por nuestra parte, tanto las relativas a la información de nuestros productos, como avisos de alertas de seguridad, artículos de interés y tendencias del sector. Así de sencillo.

Más información en nuestra política de privacidad