O PPdeG chega á primeira metade de mandato municipal «gobernando na metade dos concellos de Galicia e subindo en apoio nas cidades»

Reunión comité cidades PPdeG

27 de maio de 2025. O PPdeG conmemora a chegada ao ecuador dos mandatos municipais coa ambición de “conseguir dentro de dous anos máis gobernos fortes, estables e en maioría” e reivindicando que, a día de hoxe, xa goberna na metade dos concellos de Galicia e segue subindo o seu apoio nas cidades.

O Comité de Cidades do partido reuniuse estes días co obxectivo de “compartir os proxectos das diferentes urbes e facer sinerxias” e analizar os resultados das últimas enquisas que apuntan a que, neste momento, o apoio ao proxecto do PP é xa maior ao de 2023 nas cidades galegas e, ao mesmo tempo, mantense como o partido líder en 5 das 7 urbes.

“Non nos conformamos e queremos consolidar as nosas maiorías. Porque esa será a única forma de que os pactos de perdedores do PSOE e do BNG non sigan traendo espectáculos e inestabilidade”, asegura a secretaria xeral Paula Prado en referencia ao que ocorre en Santiago, Lugo ou A Coruña, á vez que pon de exemplo o “proxecto de éxito” do PP en Ferrol.

Por iso, cun apoio á alza nas cidades galegas, desde o partido seguen traballando para “construír unha alternativa” alá onde non gobernan e conseguir en dous anos un maior número de “gobernos fortes, estables e en maioría”.

REY VARELA: “NON QUEREMOS PERDER O TREN DO FUTURO”

O coordinador do Comité de Cidades e alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, tamén fixo referencia ás enquisas electorais e explicou que “a baixa doutros partidos é o resultado da falta de estabilidade e de proxecto dos seus gobernos municipais e dos desacordos permanentes cos seus socios”. Unha situación que, na súa opinión, supón un “lastre” que está “paralizando” esas cidades.

Todo o contrario acontece en Ferrol, onde esas mesmas enquisas mostran que os veciños e veciñas “están moi satisfeitos e valoran positivamente a estabilidade” que lles ofrece o goberno que encabeza Rey Varela. De feito, de celebrarse hoxe as eleccións municipais, o PP vería incrementada a súa confianza nesta cidade.

O rexedor ferrolán tamén quixo aproveitar esta reunión para poñer sobre a mesa os “agravios” de Pedro Sánchez coas cidades galegas e referiuse concretamente aos problemas ferroviarios que están a provocar “os atrasos permanentes, as poucas frecuencias e o feito de que Ferrol e Lugo sigan sen conexión de Alta Velocidade”.

“Non queremos perder o tren do futuro e por iso demandamos unha maior atención do Goberno de Pedro Sánchez ás nosas cidades”, concluíu facendo un chamamento á unión a todos os representantes do partido nesta reclamación.

Na reunión do Comité de Cidades do PPdeG, ademais de Paula Prado e José Manuel Rey Varela (Ferrol), estiveron presentes Luisa Sánchez (Vigo), Miguel Lorenzo (A Coruña), Ana Méndez (Ourense), Borja Verea (Santiago de Compostela), Elena Candia e Ramón Carballo (Lugo), e Rafa Domínguez (Pontevedra).

Logotipo PP Ferrol
Resumen de privacidad

En Partido Popular de Ferrol damos mucha importancia a tu información, por ello necesitamos tu conformidad para cumplir con el Reglamento General de Protección de Datos y la Ley Orgánica de Protección de Datos.

Para ello te facilitamos la siguiente información relativa a tus datos personales:

  • ¿Quién es el responsable del tratamiento de tus datos personales?
  • Partido Popular de Ferrol
  • C/ Magdalena 35-37, Entresuelo. Cp.1540,2 Ferrol (A Coruña)

¿Con qué finalidad y legitimación tratamos tus datos personales?

  • Por interés legítimo del responsable (art. 6.1.f GDPR): o mantener una relación comercial; o enviarte comunicaciones comerciales solicitadas por ti o por tener una relación con nuestra relación anterior; o participar en los análisis estadísticos (utilizando tus datos para elaborar perfiles individualizados mediante procedimientos estadísticos), para que el partido adecúe su oferta y sus comunicaciones a las necesidades del mercado;.
  • Por consentimiento explícito tuyo (art. 6.1.a GDPR): o enviarte comunicaciones comerciales e información sobre actividades, productos y servicios, tanto personalizados como generales;
    o enviarte información de productos, servicios y actividades personalizadas , así como información con tendencias del sector.

¿Durante cuánto tiempo conservaremos tus datos?

  • Conservaremos tus datos durante no más tiempo del necesario para mantener el fin del tratamiento o mientras existan prescripciones legales que dictaminen su custodia. ¿A qué destinatarios tenemos previsto comunicar tus datos?
  • No comunicaremos tus datos a terceros, salvo por obligación legal. ¿Qué derechos tienes sobre el tratamiento que realizamos con tus datos?
  • Puedes retirar este consentimiento en cualquier momento.
  • Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, portabilidad y supresión de tus datos y los de limitación u oposición a su tratamiento.
  • Puedes presentar una reclamación ante la Autoridad de control (www.aepd.es) si consideras que el tratamiento no se ajusta a la normativa vigente. ¿Qué implica no consentir el tratamiento de tus datos?
  • Pues que no recibirás más comunicaciones por nuestra parte, tanto las relativas a la información de nuestros productos, como avisos de alertas de seguridad, artículos de interés y tendencias del sector. Así de sencillo.

Más información en nuestra política de privacidad