Rey Varela: “Feijóo apoiará as empresas e impulsará o crecemento económico para fortalecer o tecido produtivo e facer que traballar volva merecer a pena”

acto sectorial empresarios

Ferrol, 20 de novembro do 2026. O candidato número 1 ao Senado pola provincia da Coruña, José Manuel Rey Varela, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, xunto ao presidente da APFSC, José Antonio Álvarez, participaron esta tarde nun encontro co tecido empresarial e industrial da comarca de Ferrol para avanzar o modelo económico que prantexa Alberto Núñez Feijóo  a partir do 29N.

Entre as principais medidas presentadas sobre as que se asentará este modelo económico destacan: a aposta por unha fiscalidade máis favorable á actividade produtiva, a baixada de impostos, reducir burocracia, facilitar a actividade empresarial, incentivar a contratación e aumentar a productividade.  “Precisamos que España volva ser un referente en crecemento económico, na xeración de emprego e na aposta pola diversificación industrial”, sinalou Rey Varela.

O paquete de propostas contempla tamén unha redución das cargas administrativas e burocráticas que soportan as empresas, así como unha maior estabilidade normativa e seguridade xurídica.

MÁIS APOIO AOS AUTÓNOMOS

No ámbito dos traballadores autónomos, a proposta popular recolle a posta en marcha de  medidas para facilitar o inicio da actividade, entre elas a tarifa cero durante o primeiro ano para os novos autónomos, ampliable a un segundo ano en determinadas condicións de ingresos. “As novas persoas autónomas non pagarán cotas á Seguridade Social durante o seu primeiro ano de actividade, nin tampouco durante o segundo se os seus ingresos non acadan o salario mínimo interprofesional (SMI)”, revelou o candidato ao Senado.

Ademais, a vivenda habitual da persoa autónoma quedará protexida por defecto, para que emprender un negocio non implique poñer en risco o seu fogar. Tamén contempla a exención do IVE para os profesionais que facturen menos de 85.000 euros anuais, a simplificación das declaracións fiscais e bonificacións nas cotizacións empresariais pola contratación dos primeiros traballadores.

Outra medida importante é, segundo avanzou o popular, a bonificación o 100 % das cotizacións empresariais polo primeiro traballador contratado durante un ano e o 50 % polo segundo. As persoas autónomas que padezan unha enfermidade grave terán bonificada a súa cota á Seguridade Social desde o primeiro día de baixa.

MÁIS INVESTIMENTO E INNOVACIÓN

Rey Varela detallou que a proposta económica inclúe tamén incentivos para que as empresas poidan deducir no mesmo exercicio fiscal os investimentos realizados en maquinaria, equipamentos, dixitalización, software, ciberseguridade e patentes.

Nun mundo cada vez máis globalizado e marcado polo rápido avance das novas tecnoloxías, o candidato popular puxo o foco no papel da intelixencia artificial e na necesidade de adaptar a formación dos traballadores a este novo contexto. Neste sentido, destacou que “cada traballador disporá dun cheque de formación, que conservará aínda que cambie de empresa e que poderá utilizar para formarse onde elixa”.

O Partido Popular tamén reducirá as trabas que dificultan o crecemento empresarial, simplificando as obrigas das compañías de ata 250 traballadores e establecendo incentivos para as empresas que aumenten o seu tamaño e capacidade produtiva.

Ademais, facilitarase que as empresas emerxentes (startups) e as compañías innovadoras que aínda non teñan beneficios poidan recibir de forma anticipada unha parte dos incentivos fiscais destinados ao investimento.

FERROL, NO MAPA DAS GRANDES DECISIÓNS

O candidato ao Senado non deixou pasar a oportunidade de falar do momento de transformación que está a vivir a cidade, despois de anos marcados pola crise do sector naval e pola perda de actividade industrial. “Conseguimos avanzar na diversificación industrial tan necesaria, e hoxe Ferrol, ademais do sector naval, destaca tamén pola eólica mariña e pola chegada de novas empresas como SAIC”, subliñou.

Neste senso, cualificou a  implantación de SAIC como “un proxecto internacional cun enorme potencial transformador e con impacto en toda Galicia, pero, sobre todo, na nosa cidade”. “Ferrol pode converterse nun referente da nova automoción eléctrica”, afirmou.

Ademais, a  implantación de SAIC favorecerá a creación de empresas auxiliares e novas actividades económicas, ao tempo que permitirá reforzar o papel estratéxico do porto exterior, diversificar a economía local e abrir novas oportunidades para o tecido empresarial e laboral de Ferrolterra. “Debemos aproveitar as oportunidades de investimento internacional e evitar que Ferrol volva quedar á marxe dos grandes proxectos industriais”, manifestou. Así mesmo, expresou a súa confianza en que o Goberno de España, a través do Consello de Ministros, autorice expresamente o investimento estranxeiro de SAIC Motor en España, un paso fundamental para avanzar na materialización deste proxecto.

Rey Varela recordou tamén os avances na Plataforma Loxística Empresarial e Portuaria de Mandiá, outro dos proxectos estratéxicos máis importantes para o futuro industrial de Ferrol. Esta actuación permitirá ampliar a capacidade de Ferrol para atraer novos investimentos, facilitar a implantación de empresas e xerar oportunidades de emprego. “Mandiá supón unha oportunidade histórica para dotar a Ferrol do solo empresarial que precisa, atraer novas compañías e seguir avanzando na diversificación industrial. Queremos unha cidade con máis actividade económica, máis empresas e máis oportunidades de futuro”, sinalou.

Na mesma liña, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, considerou que a chegada de SAIC suporá unha grande oportunidade industrial para Ferrol e toda a súa contorna, que se pode converter no polo industrial da automoción do norte de Galicia.

Lorenzana tamén  insistiu na necesidade de que as políticas públicas impulsen modelos que combinen industria, innovación e talento. Ao que tamén engadiu a capacidade de execución. Tal e como está a facer o Goberno galego, segundo explicou a conselleira de Economía e Industria, co obxectivo de mudar a posición de Galicia  no mapa industrial europeo nos próximos anos.

Para rematar, o candidato ao Senado, José Manuel Rey Varela, pediu o respaldo maioritario da cidadanía para Alberto Núñez Feijóo e para o Partido Popular nas próximas eleccións xerais, facendo un chamamento á mobilización e á confianza nun proxecto político que aposta pola industria, o investimento, a creación de emprego e o futuro de Ferrol.

Saúdos, Comunicación Partido Popular de Ferrol

Logotipo PP Ferrol
Resumen de privacidad

En Partido Popular de Ferrol damos mucha importancia a tu información, por ello necesitamos tu conformidad para cumplir con el Reglamento General de Protección de Datos y la Ley Orgánica de Protección de Datos.

Para ello te facilitamos la siguiente información relativa a tus datos personales:

  • ¿Quién es el responsable del tratamiento de tus datos personales?
  • Partido Popular de Ferrol
  • C/ Magdalena 35-37, Entresuelo. Cp.1540,2 Ferrol (A Coruña)

¿Con qué finalidad y legitimación tratamos tus datos personales?

  • Por interés legítimo del responsable (art. 6.1.f GDPR): o mantener una relación comercial; o enviarte comunicaciones comerciales solicitadas por ti o por tener una relación con nuestra relación anterior; o participar en los análisis estadísticos (utilizando tus datos para elaborar perfiles individualizados mediante procedimientos estadísticos), para que el partido adecúe su oferta y sus comunicaciones a las necesidades del mercado;.
  • Por consentimiento explícito tuyo (art. 6.1.a GDPR): o enviarte comunicaciones comerciales e información sobre actividades, productos y servicios, tanto personalizados como generales;
    o enviarte información de productos, servicios y actividades personalizadas , así como información con tendencias del sector.

¿Durante cuánto tiempo conservaremos tus datos?

  • Conservaremos tus datos durante no más tiempo del necesario para mantener el fin del tratamiento o mientras existan prescripciones legales que dictaminen su custodia. ¿A qué destinatarios tenemos previsto comunicar tus datos?
  • No comunicaremos tus datos a terceros, salvo por obligación legal. ¿Qué derechos tienes sobre el tratamiento que realizamos con tus datos?
  • Puedes retirar este consentimiento en cualquier momento.
  • Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, portabilidad y supresión de tus datos y los de limitación u oposición a su tratamiento.
  • Puedes presentar una reclamación ante la Autoridad de control (www.aepd.es) si consideras que el tratamiento no se ajusta a la normativa vigente. ¿Qué implica no consentir el tratamiento de tus datos?
  • Pues que no recibirás más comunicaciones por nuestra parte, tanto las relativas a la información de nuestros productos, como avisos de alertas de seguridad, artículos de interés y tendencias del sector. Así de sencillo.

Más información en nuestra política de privacidad