O PPdeG reivindícase como a opción “maioritaria” nas cidades galegas e a única garantía de “gobernos centrados en gobernar para a maioría”

18 de setembro de 2024. O Partido Popular de Galicia reivindícase como a opción que os galegos “votaron maioritariamente en cinco das sete cidades” da nosa Comunidade nas pasadas eleccións municipais e como “a única garantía de ter gobernos centrados en gobernar e non pactos de perdedores nin alianzas centradas en permanecer a toda costa no poder”.

Así o reiteraron esta semana os populares galegos na reunión do seu Comité de Cidades, que estivo encabezada pola secretaria xeral Paula Prado, e o coordinador deste órgano e alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; e na que tamén participaron representantes do partido en Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela, Lugo e Pontevedra. Unha convocatoria que estivo centrada en analizar a situación nas sete cidades galegas e revisar a folla de ruta para os vindeiros meses logo de transcorrer xa máis dun ano despois das últimas eleccións municipais, nas que, tal e como recordou Paula Prado, “a maioría dos galegos dixeron que querían un goberno do Partido Popular, aínda que os pactos de perdedores entre PSOE e BNG evitaron esa opción en máis dunha urbe”.

A secretaria xeral do PPdeG constata que, 16 meses despois destes comicios, certifícase que “esas cidades están demandando un cambio”. É o caso de Lugo, que “nin sequera ten a mesma alcaldesa e segue a sufrir un enfrontamento continuo no seo do bipartito”; da Coruña, cun PSOE “arrinconado polas tramas de urbanismo e a inseguridade cidadá”; ou de Santiago, que o BNG “segue convertendo no seu reduto de sectarismo a pesar d contar só con seis dos 25 concelleiros”.

Pola contra, Ferrol, cunha maioría do Partido Popular, “vai vento en popa, gañando poboación e atendendo día a día o que demandan a maioría dos veciños”. De feito, é a cidade que Prado sitúa como exemplo da diferenza entre “ter gobernos centrados en gobernar e aqueles centrados en permanecer a toda costa no poder”.

“Somos maioría os que non cremos a Sánchez e aos seus, que só miran para Cataluña mentres agravian a Galicia con cuestións tan importantes como as nosas infraestruturas, e os que rexeitamos os gobernos que só se poñen de acordo o primeiro día e logo botan catro anos enfrontados”, concluíu extrapolando a situación das cidades de Galicia co que acontece a nivel nacional.

REY VARELA: “SOMOS A ÚNICA ALTERNATIVA SERIA E DE MAIORÍA”

Nesta mesma liña se manifestou o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, reiterando a diferenza “entre ter un proxecto maioritariamente ou unirse para ostentar o poder a calquera prezo, incluso cando isto acaba prexudicando ás cidades e aos seus veciños”.

De aí que considere importante traballar de xeito coordinado entre as sete cidades galegas “para ofrecerlle a todos os veciños de Galicia unha opción de maioría e non caer en mans das minorías que, como co Goberno central, provocan unha falta de investimento na Comunidade no seu conxunto e nas nosas cidades en concreto”.

“O traballo que temos por diante é constituírnos como a única alternativa seria que siga conectando cos galegos e contando co seu apoio maioritario”, concluíu.

Logotipo PP Ferrol
Resumen de privacidad

En Partido Popular de Ferrol damos mucha importancia a tu información, por ello necesitamos tu conformidad para cumplir con el Reglamento General de Protección de Datos y la Ley Orgánica de Protección de Datos.

Para ello te facilitamos la siguiente información relativa a tus datos personales:

  • ¿Quién es el responsable del tratamiento de tus datos personales?
  • Partido Popular de Ferrol
  • C/ Magdalena 35-37, Entresuelo. Cp.1540,2 Ferrol (A Coruña)

¿Con qué finalidad y legitimación tratamos tus datos personales?

  • Por interés legítimo del responsable (art. 6.1.f GDPR): o mantener una relación comercial; o enviarte comunicaciones comerciales solicitadas por ti o por tener una relación con nuestra relación anterior; o participar en los análisis estadísticos (utilizando tus datos para elaborar perfiles individualizados mediante procedimientos estadísticos), para que el partido adecúe su oferta y sus comunicaciones a las necesidades del mercado;.
  • Por consentimiento explícito tuyo (art. 6.1.a GDPR): o enviarte comunicaciones comerciales e información sobre actividades, productos y servicios, tanto personalizados como generales;
    o enviarte información de productos, servicios y actividades personalizadas , así como información con tendencias del sector.

¿Durante cuánto tiempo conservaremos tus datos?

  • Conservaremos tus datos durante no más tiempo del necesario para mantener el fin del tratamiento o mientras existan prescripciones legales que dictaminen su custodia. ¿A qué destinatarios tenemos previsto comunicar tus datos?
  • No comunicaremos tus datos a terceros, salvo por obligación legal. ¿Qué derechos tienes sobre el tratamiento que realizamos con tus datos?
  • Puedes retirar este consentimiento en cualquier momento.
  • Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, portabilidad y supresión de tus datos y los de limitación u oposición a su tratamiento.
  • Puedes presentar una reclamación ante la Autoridad de control (www.aepd.es) si consideras que el tratamiento no se ajusta a la normativa vigente. ¿Qué implica no consentir el tratamiento de tus datos?
  • Pues que no recibirás más comunicaciones por nuestra parte, tanto las relativas a la información de nuestros productos, como avisos de alertas de seguridad, artículos de interés y tendencias del sector. Así de sencillo.

Más información en nuestra política de privacidad