O PPdeG pon aos seus 150 alcaldes e 1.800 concelleiros a disposición dos galegos para que os seus intereses se convertan en intereses europeos

Paula Prado y José Manuel Rey Varela

27 de maio de 2024. O Partido Popular de Galicia comprométese a que os intereses dos galegos se convertan tamén en intereses europeos a partir do 9 de xuño e para iso, para recoller todas estas reivindicacións, poñen a disposición aos seus 150 alcaldes e 1800 concelleiros: “Queremos que o PPdeG se escoite en Europa”.

Así o manifestou esta mañá a secretaria xeral do partido, Paula Prado, incidindo en que nestas eleccións tanto Ferrol, como o conxunto da comarca de Ferrolterra e o resto de concellos galegos tamén se xogan moito, xa que “as decisións que se toman no Parlamento Europeo afectan directamente ás decisións municipais”.

“Queremos que cando un concello pida fondos europeos, non queden atascados nun ministerio; e que cando requira axudas para a industria ou para o naval, a súa petición sexa atendida”, explicou demandando así mesmo un apartado específico para a nosa Comunidade no que se refire á PAC ou á protección do lobo e que “cando a Galicia costeira fale de pesca, sexa escoitada”.

Para todo isto Galicia conta cos tres candidatos galegos e cos 150 alcaldes do PPdeG que hai un ano lograron a vitoria. “O voto ao Partido Popular é a mellor resposta cando se pregunta por Galicia, fronte a outros partidos que quedan mudos”, engadiu  citando a un BNG que “demoniza a creación de emprego sostible” e un PSOE “cuxa única prioridade é aprobar este mesmo xoves a Lei de Amnistía”.

Na véspera do aniversario das eleccións municipais, Paula Prado quixo poñer en valor as 191 vitorias colleitadas polo PPdeG o pasado 28 de maio e o número de alcaldías que ostentan (150), que equivalen a “case a metade de toda Galicia”.

Unha vitoria que personificou no alcalde José Manuel Rey Varela, do que destacou que ao longo deste ano foi quen de poñer a disposición dos ferroláns “un gran proxecto de cidade e un Goberno estable afastado do enfrontamento”.

REY VARELA: “SE NÓS NON VOTAMOS, OUTROS VAN DECIDIR POR NÓS”

Pola súa banda, o alcalde de Ferrol fixo un chamamento á mobilización o próximo 9 de xuño asegurando que “se nós non votamos, outros van decidir por nós”. Neste sentido, incidiu no moito que se xoga a cidade nestas eleccións europeas en materia de comunicacións e de acceso a fondos europeas.

No que se refire ás comunicacións, Rey Varela ten claro que “os ferroláns non queren máis que ninguén, pero tampouco menos” e recordou que, precisamente grazas ao traballo do Partido Popular en Europa, Ferrol foi incluída na Rede Transeuropea de Transporte. Pero, sen embargo, continúa agardando pola conexión por Alta Velocidade.

“Ferrol aspira a obter os fondos europeos que necesitamos para implementar o noso proxecto de cidade. Por iso, ao igual que xa conseguimos os fondos da Xunta, queremos conseguir os da Deputación, os do Goberno de España e os de Europa”, subliñou o rexedor.ResponderResponder a todosReenviar

Panel de asistente cerrado

Logotipo PP Ferrol
Resumen de privacidad

En Partido Popular de Ferrol damos mucha importancia a tu información, por ello necesitamos tu conformidad para cumplir con el Reglamento General de Protección de Datos y la Ley Orgánica de Protección de Datos.

Para ello te facilitamos la siguiente información relativa a tus datos personales:

  • ¿Quién es el responsable del tratamiento de tus datos personales?
  • Partido Popular de Ferrol
  • C/ Magdalena 35-37, Entresuelo. Cp.1540,2 Ferrol (A Coruña)

¿Con qué finalidad y legitimación tratamos tus datos personales?

  • Por interés legítimo del responsable (art. 6.1.f GDPR): o mantener una relación comercial; o enviarte comunicaciones comerciales solicitadas por ti o por tener una relación con nuestra relación anterior; o participar en los análisis estadísticos (utilizando tus datos para elaborar perfiles individualizados mediante procedimientos estadísticos), para que el partido adecúe su oferta y sus comunicaciones a las necesidades del mercado;.
  • Por consentimiento explícito tuyo (art. 6.1.a GDPR): o enviarte comunicaciones comerciales e información sobre actividades, productos y servicios, tanto personalizados como generales;
    o enviarte información de productos, servicios y actividades personalizadas , así como información con tendencias del sector.

¿Durante cuánto tiempo conservaremos tus datos?

  • Conservaremos tus datos durante no más tiempo del necesario para mantener el fin del tratamiento o mientras existan prescripciones legales que dictaminen su custodia. ¿A qué destinatarios tenemos previsto comunicar tus datos?
  • No comunicaremos tus datos a terceros, salvo por obligación legal. ¿Qué derechos tienes sobre el tratamiento que realizamos con tus datos?
  • Puedes retirar este consentimiento en cualquier momento.
  • Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, portabilidad y supresión de tus datos y los de limitación u oposición a su tratamiento.
  • Puedes presentar una reclamación ante la Autoridad de control (www.aepd.es) si consideras que el tratamiento no se ajusta a la normativa vigente. ¿Qué implica no consentir el tratamiento de tus datos?
  • Pues que no recibirás más comunicaciones por nuestra parte, tanto las relativas a la información de nuestros productos, como avisos de alertas de seguridad, artículos de interés y tendencias del sector. Así de sencillo.

Más información en nuestra política de privacidad