Tellado: “Se as Mareas e o PSdeG se preocupasen polo naval, apoiarían os Orzamentos Xerais do Estado”

O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, participou este xoves nunha visita ás instalacións de Navantia Fene, nas que declarou que “se as Mareas de Podemos e o PSdeG se preocupasen de verdade pola situación do naval galego, apoiarían os Orzamentos Xerais do Estado”, e argumentou que da aprobación das contas do Goberno central depende o proxecto de construción das Fragatas F110, unha embarcación punteira que será o futuro buque da Armada Española.
“Só desde a irresponsabilidade e o descoñecemento da realidade do que fan gala os socialistas e os populistas se pode renunciar a un proxecto que poderá dar traballo a unhas 7.000 persoas”, afeou, para animar aos deputados galegos de ambas formacións a que se desmarquen dos seus grupos para sacar adiante as contas. “Se non o fan, terán que explicar en toda esta comarca por que non queren garantir un contrato que lle daría un pulo fundamental ao sector”, insistiu.
Durante a visita, na que estivo acompañado polo presidente provincial, Diego Calvo, polos deputados do PPdeG no Congreso Tristana Moraleja e Juan Juncal, e polo portavoz e viceportavoz de Enerxía do PP na Cámara Baixa, Guillermo Mariscal e Alberto Herrero; Tellado lembrou que a importancia do contrato do novo modelo de fragatas ademais de cuantitativa, tamén é cualitativa, dado que a construción dos buques “non só supoñería carga de traballo ata mediados da vindeira década, senón que tamén provocaría que os estaleiros de Ferrolterra entrarían nun proceso de modernización fundamental para garantir a súa viabilidade de cara ao futuro”, xa que supoñería novos dragados e recheos, a construción dun dique cuberto, novos talleres, grúas, maquinaria, entre outras actuacións.
UN SECTOR CON PRESENTE E FUTURO
Nunha reflexión xeral sobre a situación do sector, Tellado apuntou que “despois de anos de abandono por parte dos socialistas, grazas aos gobernos populares en Galicia e en Madrid, hoxe a nosa Comunidade segue a ser líder en captación de contratos, despois de que no ano 2017 conseguisen asumir arredor de 4 de cada 10 encargos que se firmaron en toda España”.

“Este sector viviu tempos moi difíciles, pero hoxe podemos celebrar que todos os estaleiros galegos teñen carga de traballo contratada”, salientou, para celebrar que “despois de moito traballo, hoxe semella que ten un presente despexado e un futuro esperanzador”. Así, cómpre lembrar que o total de carga de traballo en carteira ou en outros estadios finais de negociación do conxunto de estaleiros suma 2.861,4 millóns de euros.

 

APOIO DA XUNTA Á INNOVACIÓN
O secretario xeral tamén quixo poñer enriba da mesa o apoio da Xunta en materia de innovación ao sector da construción naval, que calculou en 37,8 millóns de euros mobilizados nos últimos anos. Entre outros, destacou que a través das convocatorias de Interconecta e Conecta Pemes se apoian 19 proxectos de I+D+i na mellora de produtos e servizos, ou outros catro dentro da estratexia RIS3, de Especialización Intelixente de Galicia.

“Este goberno autonómico sabe que a innovación é a única garantía de ser competitivos e, polo tanto, de preservar a puxanza do sector”, subliñou mentres poñía en valor o traballo da Administración autonómica para adaptar a formación dos traballadores ás necesidades reais do tecido produtivo con diversas ferramentas orientadas ao novo modelo industrial. De feito, o Goberno galego ten en marcha un plan de formación especializado específico para o naval dotado de 12 millóns de euros co que se pretende chegar a 3.000 traballadores do sector, ao que se suman as unidades formativas na empresa, tanto para desempregados como para ocupados, que permite ás compañías contar con persoal cualificado tras unha formación á carta co apoio da Xunta.

ESTRATÉXICO PARA GALICIA E PARA FERROLTERRA
Cómpre salientar que, no marco do plan industrial que está deseñando Navantia, o Goberno galego apoiará sempre o mantemento do emprego e da carga de traballo tanto no estaleiro ferrolán como na industria auxiliar, xa que a súa actividade permite situar ao naval como un sector estratéxico para Galicia e que, neste caso, xera máis de 15.000 postos de traballo na comarca.

Así, na etapa de crecemento que está a vivir o naval galego, os populares queren que Navantia continúe xogando un papel destacado como xa fixo cos importantes pasos dos últimos anos: con proxectos por máis de 1.350 millóns de euros; grazas, ademais de aos pedidos militares, á súa volta á construción civil; e á diversificación da súa actividade en eidos como a eólica mariña.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s