Miguel Tellado: “ Os orzamentos da Xunta para o 2017 marcan como prioridades reforzar o gasto social, impulsar os investimentos e potenciar o crecemento san”

Ferrol, 5 de decembro de 2016. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, acompañado pola portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Martina Aneiros, compareceu esta mañá en rolda de prensa para facer un primero balance dos orzamentos da Xunta de Galicia para o 2017. Tellado avanzou que o obxectivo é que poidan entrar en vigor o máis axiña posible, tras aprobarse o borrador no Consello da Xunta o pasado xoves día 3 e dende logo a vontade do Partido Popular, do grupo maioritario na cámara autonómica, é darlle a maior celeridadade.

Se por algo se caracteriza o goberno de Feijóo é polo rigor na xestión económica, afirmou o secretario xeral do PPdeG. “En tódolos anos nos que Feijóo foi presidente sempre entraron en vigor o 1 de xaneiro, nesta ocasión o calendario electoral impediu que os trámites de elaboración dos orzamentos poideran adiantarse ó mes de octubre, que é o habitual”.

Así, entraron na cámara galega o xoves para que Galicia poida ter en vigor o antes posible un instrumento económico que é a clave do crecemento económico, da creación de emprego e é a folla de ruta do goberno galego para o ano 2017. “Nós non entendemos estes gobernos que poden traballar sen ter aprobados orzamentos como ocurre no Concello de Ferrol, xa que este documento establece as prioridades e as políticas a desenvolver”

Son uns orzamentos que esgotan o teito de gasto ata acadar os 9.063 millóns de euros, medran un 2,9% con respecto ao ano anterior- 259 millóns de euros máis que no 2016-, ademais consolidan a maior rebaixa fiscal da historia de Galicia e permiten retomar no 2017 o complemento específico nas pagas extras dos empregados públicos, un ano antes do previsto. Ademais, se basean nun escenario macroeconómico que prevé que o PIB vaia a crecer no 2017 un 2,5%, sendo un novo ano de expansión económica; e prevén que a taxa de paro baixe dos puntos ao longo dos doce meses de 2017, ata acadar o 15,6%.

“Son uns orzamentos que marcan prioridades: reforzar o gasto social, impulsar os investimentos e consolidar o que denominamos o crecemento san, que é aquel que se basea en menos débeda e en menos presión fiscal sobre os cidadáns”, afirmou Tellado. Así, Galicia terá, por segundo ano consecutivo, uns orzamentos expansivos, razoables, responsables para unha Galicia que está crecendo, diseñados para trasladar á sociedade galega os primeiros beneficios da recuperación económica, e que garanten que a nosa comunidade siga prosperando no 2017.

En definitiva, a nosa comunidade crecerá reducindo a carga impositiva que soportan os contribuíntes, garantindo o estado benestar e coa vista posta no longo prazo.

Tellado avanzou que as arcas públicas galegas pagarán en 2017 un 13% menos de xuros de débeda, en tres anos a comunidade reduciu 1/3 os recursos destinados a este fin cun aforro total de 120 millóns de euros ao longo destes tres anos. “Imos seguir cumprindo os obxectivos de déficit nese 0,5% grazas a que Galicia é unha comunidade cumpridora e poderá ampliarse ata o 0,6%, tal e como se aprobou no Consello de Política Fiscal da pasada semana”. Asimesmo, o executivo autonómico levará a ratio PIB arredor do 18,8%, consolidándose como una das autonomías menos endebedadas de toda España.

Estas son uhas contas que prevén un novo pulo ao estado de benestar, afirmou Miguel Tellado, por iso a Xunta de Galicia vai aproveitar a masa orzamentaria para darlle un novo impulso ó sistema de benestar, incrementando no 2017 o gasto social en máis de 200 millóns de euros: 100 millóns de euros máis para a sanidade, 64 millóns de euros máis para educación, 25 millóns de euros máis para política social. “Galicia vai destinar 8 de cada 10 euros do seu orzamento a gasto social, polo tanto estes son uns orzamentos comprometidos coa política social, centrados e preocupados polas persoas e nas persoas”. Imos seguir apostando polas familias, invertindo en escolas infantís, manterase a tarxeta benvida, incrementaranse os fondos para a dependencia e imos facer unha aposta decida polo emprego. Seguirá sendo prioritaria tamén a promoción de emprego, e o obxectivo é que Galicia cree no vindeiro ano 20.000 novos postos de traballo.

O goberno de Feijóo fai unha aposta polos investimentos, que se incrementan en 54 millóns de euros máis, apostará polos sectores productivos e consolidará a baixada de impostos. Galicia poderá incrementar a súa capacidade de gasto e, paralelamente, consolidar a baixada de impostos que puxemos en marcha no 2016, consolidaremos a redución do IRPF para o 98% dos galegos, así, a finais do 2016 68.0000 galegos veranse beneficiados pola eliminación do imposto sobre sucesións, doazóns ou do programa de impostos cero no rural. “Estas son as contas que apostan polo crecemento sostible e que teñen como prioridade o reforzo do gasto social, os impulso aos investimentos productivos e a consolidación do crecemento san”.

Esforzo inversor en Ferrol
A portavoz do grupo municipal do PP en Ferrol, Martina Aneiros, manifestou que este orzamento demostra “o compromiso e a aposta de Núñez Feijóo pola cidade con partidas para os proxectos máis importantes como o plan director do Hospital Universitario Aquitecto Marcide- valorado en 2 millóns de euros-; ou compromiso co saneamento da ría, fronte á parálise absoluta do goberno da Marea de Ferrol, destinando a Xunta máis de 2 millóns de euros dentro dun montante global de 7 millóns previstos para os próximos anos. Ou coas inversións na área de política social, ao frente a que se atopa José Manuel Rey Varale, co proxecto de construcción dunha residencia de maiores, que será unha realidade nesta lexislatura”.

“Fronte ao compromiso, o esforzo e dedicación de Xunta de Galicia con Ferrol nestes orzamentos temos o goberno da Marea de Jorge Suárez, un goberno vago, despreocupado e incapaz de sacar un orzamento. Non o tivemos no 2016 e aínda non sabemos nada do documento do 2017, demostrando unha vez máis a súa incapacidade manifesta e a súa neglixencia”. Fronte a unha administración autonómica responsable, en Ferrol temos un goberno que fai o ridículo e que se acostumou ao espectáculo circense diario, lamentou a portavoz.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, recordou que o goberno de Jorge Suárez traballou cos orzamentos prorrogados do Partido Popular. “Estamos ante un goberno fracasado porque non é capaz de aprobar as contas, nin se sentou a negociar cos grupos da oposición. É un goberno fracasado porque non hai goberno, porque en Ferrol só hai un alcalde, son seis concelleiros e dúas tránsfugas, nunha corporación de 25, seis máis dous, onde a maioría é de 13. Nin sequera son oito porque esas dúas edís incumpren a normativa vixente antitransfuguismo”.

Estando nunha situación de debilidade absoluta, porque non ten os votos suficientes para aprobar nada, en vez de dialogar cos grupos da oposición o que fai é insultar. Jorge Suárez é un alcalde aillado, fracasado, e debería convocar nunha mesma mesa a aqueles que lle fixeron alcalde, é dicir, o PSOE de Beatriz Sestayo e ao BNG de Iván Rivas, para ter unha conversa honesta, sinceira cos ferroláns e tratar de recompoñer un acordo que permita que en Ferrol haxa un goberno de 13- sinalou Tellado- e se finalmente non chegan a un acordo, o mellor e que Jorge Suárez marche para a súa casa. “Jorge Suárez é un alcalde que está de prestado na alcaldía porque foi a Sra. Sestayo e o Sr. Rivas os que lle deron os votos para ser alcalde de Ferrol, non llos deron os ferroláns, que elixiron ao PP, pero con pactos de despacho se convertiu en alcalde e agora ten que recompoñer ese pacto que só durou unha hora, a hora da investidura”.

Ferrol non se merece unha situación como a que estamos vivindo, sinalou, “despois da moción de censura do Sr. Couce Pereiro contra o seu curmán Couce Doce, Ferrol non vivía un suceso político tan bochornoso como este ata que chegou o goberno de Jorge Suárez, un rexidor sen argumentos e que só sabe insultar”

Non hai unha fórmula aritmética para a moción de censura en Ferrol- sinalou Tellado a preguntas da prensa- pero se o alcalde marcha o lóxico é que se deixe gobernar ao partido que gañou as eleccións. “É a primeira vez que en Ferrol goberna un alcalde que non é o máis votado, e políticamente é un alcalde fracasado, cun goberno fracasado e eu non quero iso para a miña cidade”.

Deja un comentario