Feijóo anuncia que nas próximas horas se concretará un novo contrato para Navantia no ámbito da eólica mariña

  • Destacou entre os compromisos para Ferrol a reforma integral do Arquitecto Marcide para convertilo nun hospital a altura dos de Vigo,Lugo ou Ourense,o 100% do saneamento da Ría de Ferrol e unha nova estación intermodal

 

  • Lembrou que a xente saíu á rúa a pedir traballo para o naval e mentres algún se dedicaron a deseñar pancartas o PPdeG dedicouse a buscar carga de traballo

 

Ferrol, 6 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou hoxe en Ferrol o compromiso do PPdeG para asegurar  carga de traballo no naval de Ferrol para, como mínimo, a próxima década, e anunciou que nas próximas horas se concretará un novo contrato para Navantia no ámbito da eólica mariña.

 

O dirixente popular compareceu en rolda de prensa para dar a coñecer as propostas do PPdeG para Ferrol das que destacou a reforma integral da sanidade coa conformación do  Hospital Arquitecto Marcide nun novo hospital a altura dos de Vigo, Lugo ou Ourense e un novo centro de saúde en San Xoán; a rehabilitación da cidade de Ferrol nos barrios da Magdalena, Ferrol Vello e Recimil; a garantía de 10 anos de traballo do sector naval acompañada de novos contratos; o 100% do saneamento da Ría de Ferrol finalizando o saneamento da Malata; unha nova estación intermodal en Ferrol e a conexión ferroviaria co porto exterior de Caneliñas.

 

Así mesmo, sinalou entre as propostas a continuación dos traballos da VAP da Costa Norte, priorizando o treito máis próximo a Ferrol;a continuidade coas das sendas peatonais na comarca de Ferrol actuando en máis de 9km.; unha nova residencia de maiores na cidade de Ferrol e o remate das melloras na residencia de Caranza;proseguir co proxecto “Abrir Ferrol Ao Mar”, e continuar coas melloras en educación ,facendo do campus de Ferrol un referente en innovación, e máis prazas para maiores e garderías.

 

O dirixente popular  relatou os compromisos da Xunta coa comarca lembrando como saíron as xentes á rúa a pedir traballo para o naval, pero  mentres algúns se dedicaron a deseñar os lemas das pancartas o PPdeG dedicouse a buscar carga de traballo para os estaleiros e hoxe hai carga de traballo para os vindeiros cinco anos e o que está por vir.

 

FALAMOS FACENDO FERROL

 

Alberto Núñez Feijoo resaltou na súa intervención que hai moitos ámbitos nos que falamos facendo e destacou os referidos a sanidade,servizos sociais, educación, infraestruturas,saneamento da ría ou o naval, entre outros.

 

Destacou o esforzo por garantir o futuro do naval, apostando por compatibilizar a construción civil e militar e pola diversificación. Buscando sen descanso ata lograr carga de traballo e finalmente se puxeron fin a 6 anos sen ningún pedido co encargo do flotel para Pemex aos que engadíu novos pedidos.Así mesmo destacou que se logrou que a construción civil volvese as gradas de Fene, concretando a aposta pola diversificación.

 

Tamén sinalou  que en épocas de dificultade se fixeron  melloras na sanidade pública,co Plan Director do Arquitecto Marcide ou a ampliación do Centro de saúde de Serantes; Ferrol conta coa ratio pública máis alta de escolas infantís das sete grandes cidades e as prazas se incremetaron un 91%; as prazas para persoas maiores se incrementaron un 57,5% e se puxeron en marcha os tres primeiros Centros de día públicos en Ferrol.

 

Outros dos  compromisos que sinalou foron  en Educación a adxudicación da ampliación do Centro integrado de FP de Ferrolterra;en Cultura Ferrol conta desde 2014 cun novo Auditorio;Plan de Transporte Metropolitano activado desde o 2011 e a  posta en marcha da Tarxeta Xente Nova que permite aos menores de 19 anos transporte gratuíto; Inversións das diferentes administracións de máis de 275M€ no saneamento da ría de Ferrol;e a execución do Plan de dinamización turística creándose o Xeodestino Ferrolterra, entre outros.

Deja un comentario